The Crickets | |
---|---|
The Crickets en 1958 (de arriba a abaixo): Jerry Allison, Buddy Holly, e Joe B. Mauldin | |
Orixe | Lubbock, Texas, |
Período | 1957 - 2016 |
Xénero(s) | rock and roll, rockabilly |
Selo(s) discográfico(s) | Brunswick, Coral, Liberty, MCA, Vertigo, Chirp |
Antigos membros | Buddy Holly Jerry Allison Joe B. Mauldin Niki Sullivan Earl Sinks David Box Jerry Naylor Sonny Curtis Glen Hardin Tommy Allsup |
Na rede | |
thecrickets.com | |
The Crickets foi unha banda estadounidense de rock and roll procedente de Lubbock, Texas, formada polo cantante e compositor Buddy Holly en xaneiro de 1957. O seu primeiro éxito, "That'll Be the Day", publicado en maio de 1957, chegou ao número 3 da lista Billboard Top 100 en setembro dese ano. A portada do seu primeiro disco, The "Chirping" Crickets, mostra a formación da banda naquel momento: Holly na voz e guitarra solista, Niki Sullivan na guitarra rítmica, Jerry Allison na batería e Joe B. Mauldin no baixo. The Crickets axudaron a establecer o modelo de bandas de rock posteriores, como os Beatles, coa súa formación de guitarra, baixo e batería, interpretando o seu propio material. Despois da morte de Holly en 1959, a banda continuou xirando e gravando na década de 1960 e máis aló con outros membros data o século XXI.